Saturday 18 de May de 2024

Bo traballo do Club de Patinaxe Galia no Trofeo Concello de Arteixo


O Club Patinaxe Galia participou esta fin de semana no Trofeo Concello de Arteixo, onde o grupo infantil ‘Conta atrás’ conseguiu subir ao máis alto do podio. Por outra banda o cuarteto infantil ‘Vintage’ acadou o segundo posto na que foi a súa estrea. O cuarto posto da categoría benxamín foi para ‘Luces al alba’, mentres que o grupo xuvenil quedou en sexto lugar.